CASA CARACOL

 COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO SOBRE OS CARACOIS. A IDEA XURDIU DUN NENO, UN DÍA QUE SAÍMOS AO CAMPO. 

OS PROXECTOS MAIS MOTIVADORES SON AQUELES ONDE PODEMOS FACER  UNHA OBSERVACIÓN DIRECTA, E SE HAI ANIMAIS SEMPRE É UN ACERTO.

O PRIMEIRO QUE FIXERON FOI FACER UN PLANO DE COMO PODÍAN SER AS CASAS DOS CARACOIS. AS PRIMEIRAS IDEAS FORON FACELAS SEMELLANTES ÁS NOSAS, POIS É O QUE COÑECEMOS, PERO A PARTIR DE AÍ FACEMOS PREGUNTAS SOBRE AS NECESIDADES DOS CARACOIS E DA CONVENIENCIA DUN TIPO DE CASA OU OUTRO.

PARA SABER COMO FACELO BUSCAMOS INFORMACIÓN

BUCAMOS QUE MATERIAL TEMOS : CARTÓN, CUNCHAS, PEDRAS, TERRA...


ACORDAMOS COMO COLOCAR OS DIFERENTES MATERIAIS NO TERRARIO...



SAÍMOS A BUSCAR ALGÚN CARACOL PARA LEVALO A SÚA NOVA CASA


OBERVAMOS COMO QUEDA A CASA E COMO ESTÁN OS CARACOIS...