OS NENOS E NENAS ATOPÁRONSE CUNHA SORPRESA CANDO CHEGARON Á ESCOLA, HABÍA UNS ANIMAIS DOS POLOS CONXELADOS, A RAZÓN ERA FACELOS PENSAR
COMO PODEMOS DESCONXELALOS?
FORON MOITAS AS RESPOSTAS, E TODAS CON MOITA LÓXICA:
- POÑELOS NO RADIADOR
- DARLLES CALOR CUN SECADOR DE PELO
- POÑELOS AO SOL
- BOTARLLE AUGA QUENTE
- E TAMÉN PICAR O XEO ( COMO FAN OS CANTEIROS COA PEDRA)
TODXS QUIXERON TOCAR E TOCAR O XEO, E ASÍ DÉRONSE CONTA QUE CO CALOR DAS MANS TAMÉN SE DESCONXELABA.
POUCO A POUCO, AO LONGO DA MAÑÁ FORON PICANDO ATA QUE O CONSEGUIRON, CANDO QUEREN ALGO NON HAI QUEN OS PARE!