AO VOLVER DAS VACACIÓNS DE NADAL, FALAMOS SOBRE O INVERNO, E COMENTARON QUE NO POLO NORTE É ONDE HAI MÁIS FRÍO DE TODO O PLANETA, E QUE NO POLO SUR HAI CALOR...
PARECEUME MOI INTERESANTE COMEZAR UN PROXECTO SOBRE OS POLOS, NORTE E SUR, ASÍ QUE HOXE NUNHA SESIÓN DE " FILOSOFÍA PARA NENXS" O ALUMNADO FOI COMENTANDO O QUE SABÍAN.
DEBUXOS DO QUE SABEN DO POLO NORTE
ONDE BUSCAMOS A INFORMACIÓN?
FOTOS, LIBROS, INTERNET, CONTOS, VIDEOS, MAPAS E COMO COMENTOU UN NENO, PODEMOS IR ALÍ PROFE!! 😀
COMEZAMOS CUN VIDEO INFORMATIVO