O NOSO HORTO MOITAS SORPRESAS NOS DÁ. POIS ADEMÁIS DO XIRASOL TAMÉN TEMOS MILLO!
QUE SABEMOS SOBRE O MILLO? POIS RESULTA QUE ESTES NENOS E NENAS SABEN MOITO, PORQUE TEÑEN AVÓS E AVOAS QUE TEÑEN MUÍÑO PARA FACER A FARIÑA, SABEN QUE SE PODE COMER EN ENSALADA, FACER FLOCOS DE MILLO, PAN MOI RICO...
APRENDEMOS PALABRAS NOVAS: ESPIGA, ESFOLLAR, GRAN, DEBULLAR...
DESENVOLVEMOS A MOTRICIDADE FINA DEBULLANDO MILLO, MÁGOA QUE TEÑAMOS POUCAS ESPIGAS, ENCÁNTALLES!
TEMOS OUTROS RECURSOS DE ELABORACIÓN PROPIA PARA TRABALLAR A MOTRICIDADE FINA E COORDINACIÓN VISOMOTRIZ.
COLOCAR "PÚAS" NO OURIZO ASOCIANDO COR, NON É DOADO!