OS NENOS E NENAS SABEN QUE CANDO HAI UN DÍA ESPECIAL É PORQUE HAI COUSAS QUE NON ESTÁN BEN E POR ISO RECORDAMOS QUE TEMOS QUE SEGUIR LOITANDO POR MELLORALAS.
ESTA SEMANA ESTIVEMOS TRABALLANDO A IGUALDADE, O RESPECTO, O DEREITO A SENTIR, A PENSAR , A ELEXIR...DE TÓDALAS PERSOAS, SEXAN HOMES OU MULLERES.
ELEXIMOS DIFERENTES CONTOS COMO RECURSO MOTIVADOR E PROVOCADOR DE CONVERSAS, DE PREGUNTAS E RESPOSTAS...
TRABALLAMOS A CONCIENCIACION FONOLÓXICA CO CONTO DE "ARTURO E CLEMENTINA"
TAMÉN COLABORAMOS DEBUXANDO A CLEMENTINA CONTENTA CANDO QUEDOU LIBRE PARA VIVIR E SER FELIZ.
DEBUXOS QUE FORMAN PARTE DO MURAL DA ESCOLA
" O TENDAL DA IGUALDADE"
FIXEMOS UNS LAZOS PARA COLGAR NAS MOCHILAS, COMO INDICADOR DE QUE NON NOS GUSTA A VIOLENCIA.